En la red

Web Concello de Oleiros.org

Un grupo de mulleres participa nun obradoiro de empoderamento feminino para acceder ao mundo laboral

Oleiros, 05 de abril de 2018-. A concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros, conxuntamente co Centro Municipal de Formación, iniciaron unha colaboración coa Asociación Daleth para mellorar as posibilidades de acceso ao mundo laboral das mulleres que se atopan en circunstancias de especial vulnerabilidade a través dun obradoiro dividido en 11 sesións grupais, enfocadas ao emprendemento feminino e unha final centrada na resolución de conflitos. A actividade comezou hoxe cun grupo de 17 mulleres que traballarán o autocoñecemento, a confianza, a mellora da autoestima e as crenzas limitantes a través de técnicas de coaching e de educación emocional.

Trátase dun paso máis nas actividades desenvolvidas ao amparo do Plan de Igualdade do Concello de Oleiros, centrado nesta ocasión na incorporación ao mundo laboral, ao considerarse o emprego como unha necesidade e un dereito fundamental ao que as mulleres teñen maiores dificultades para o seu acceso.

A Asociación Daleth a través deste programa que denomina Bolboreta II pretenden “transformar a mirada, cambiar a actitude” das mulleres participantes; sacar o mellor de cada unha delas, fomentar a súa confianza e a súa motivación son os obxectivos principais da actividade, sempre orientado ao emprego

CONCELLO ARTEIXO

Web Concello Arteixo.org – 25 – Septiembre-2018

Mulleres "cara un futuro libre de violencia"

A actividade, organizada pola Asociación Daleth e subvencionada polo Concello de Arteixo, presenta un programa de catro obradoiros vivenciais de «coaching» co obxectivo de traballar o fortalecemento a través do empoderamento persoal. Trátase de que as mulleres en risco ou vítimas da violencia machista poidan saír da súa situación. 

O programa pon á disposición das participantes ferramentas para o día a día coas que a poder xestionar mellor as situacións complexas, os medos, poder sacar a mellor versión delas mesmas, conectando cos seus valores persoais, a través de dinámicas, vídeos e reflexións, para traballar na reconstrución dun futuro libre de violencia.

Fundación Mujeres - Delegación Galicia

La Asociación Daleth colabora con Cuidadanas en un taller de desarrollo personal
Fundación Mujeres – Delegación Galicia

Web Fundación Mujeres.es – 5 Abril 2017