Programa Bolboretas 10.0

Programa subvecnionado Xunta de Galicia y Fondos Europeos

Programa Bolboretas 10.0 – Empoderamento e acompañamento integral para mulleres

BOLBORETAS 10.0

Programa de empoderamento e empregabilidade para mulleres en situación de especial vulnerabilidade

Bolboretas 10.0 é un programa impulsado pola Asociación Daleth dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, co obxectivo de favorecer a súa autonomía persoal, emocional, social e laboral a través dun acompañamento integral e personalizado.

O programa está cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Acompañamento individualizado

  • Itinerarios personalizados
  • Seguimento profesional continuo
  • Orientación persoal e laboral

Atención psicolóxica

  • Sesións individuais e grupais
  • Apoio emocional
  • Intervención psicosocial

Inserción laboral

  • Competencias dixitais
  • Elaboración de CV
  • Preparación de entrevistas
  • Busca activa de emprego

Formación e desenvolvemento persoal

  • Talleres de autoestima e empoderamento
  • Xestión emocional e habilidades sociais
  • Comunicación e relacións saudables
  • Superación do duelo e fortalecemento persoal
  • Redución de ansiedade e estrés
  • Terapias LET

A quen vai dirixido?

O programa está destinado a mulleres en situación de vulnerabilidade social, especialmente:

Vítimas de violencia de xénero Mulleres inmigrantes Cargas familiares non compartidas Situación de desemprego Discapacidade Risco de exclusión social

Resultados do programa

Na última edición participaron 66 mulleres procedentes da Coruña, Ferrol, Narón, Oleiros, Culleredo, Santiago e outros municipios.

Impacto acadado

  • Mellora do benestar emocional
  • Incremento da autonomía persoal
  • Creación de redes de apoio social
  • Inserción laboral e mellora da empregabilidade
  • Redución do illamento social

Modalidade e duración

📍 Formato Semi-presencial
📅 Duración Setembro 2025 – Agosto 2026
🌐 Web asociaciondaleth.com
📧 Correo info@asociaciondaleth.com
📞 Teléfonos 613 464 401 / 622 188 573

Equipo

Un equipo multidisciplinar comprometido co acompañamento, o empoderamento e a inclusión social das mulleres.

Marián Candal

Marián Candal

Presidenta Daleth

Diplomada en Xestión e Dirección de empresas hoteleiras. Máster en Dirección de actos corporativos e institucionais. Experta en protocolo oficial e dirección de centros xeríatricos.

Leticia Prada

Leticia Prada

Dirección do programa

Licenciada en Ciencias Políticas. Máster en RRHH e Marketing. Experta en Coaching, Intelixencia Emocional e PNL.

Ainhoa Varela

Ainhoa Varela

Coaching e formación

Especialista en Life Management Coaching. Practitioner en PNL e Generative Coaching.

Helena Barco

Helena Barco

Igualdade e asesoría

Diplomada en Ciencias Empresariais. Especialista en RRHH, coaching e igualdade de xénero.

Ana Mariñas

Ana Mariñas

Psicoloxía e orientación

Licenciada en Dereito, ADE e Psicoloxía. Especialista en acompañamento e orientación laboral.

Laura de Angelis

Laura de Angelis

Mindfulness e benestar

Instrutora de respiración consciente e mindfulness. Especialista en intelixencia emocional.

Melisa González

Melisa González

Proxectos e estratexia

Licenciada en Ciencias Administrativas. Especialista en Marketing e Dirección de Proxectos.

Alejandra Regueira

Alejandra Regueira

Mediación

Licenciada en Dereito. Practitioner en PNL e técnica de mediación.

Ana Castro

Ana Castro

RRHH e igualdade

Psicóloga especializada en xestión de persoas, formación e igualdade de oportunidades.

Natividad Vidal

Natividad Vidal

Traballo social e igualdade

Traballadora Social e Técnica de Igualdade, especializada en acompañamento social, intervención comunitaria e atención integral a mulleres en situación de vulnerabilidade.